Actividade avaliable do 1T
Actividade entregable e avaliable do 1º trimestre (20% da nota)
Enunciado
Cun equipo vello que teñas pola casa ou mesmo cun que poidas recuperar dun "punto limpo", realiza a desmontaxe e montaxe paso a paso dos compoñentes do equipo, segundo os contidos vistos no tema.
Valorarase tanto os coñecementos técnicos e analíticos dos distintos compoñentes do equipo informático, coma a explicación que permita avaliar a asimilación dos conceptos.
Logo, grava un vídeo do proceso e a explicación e súbeo a YouTube ou semellantes (non é preciso que sexa en público).
Tampouco é necesario que se vos vexa no vídeo, pero debe escoitarse a vosa voz e a vosa análise dos compoñentes, así como a destreza na montaxe e desmontaxe.
O equipo analizado debe conter, como mínimo:
- 🖥️ Chasis
- 🔌 Fonte de alimentación
- 🧠 Placa base
- ⚙️ Microprocesador
- 🧩 Memoria RAM
- 💾 Disco duro
⚠️ Ollo coas garantías no caso de tratarse dun equipo propio! ⚠️
Entrega
Deberás entregar no cadro de texto dispoñible na actividade o enlace ó vídeo. Recorda poñelo visible.
Avaliación
Para a avaliación do exercicio empregarase a seguinte táboa de consecución.
| Criterio | Insatisfactorio | Medio | Alto | Puntuación máxima |
Observacións |
|---|---|---|---|---|---|
| Identificación dos compoñentes e as súas características | — | — | — | 2,75 | — |
| Manexo correcto dos compoñentes na desmontaxe | — | — | — | 1,50 | — |
| Desmontaxe correcta dos compoñentes | — | — | — | 1,50 | — |
| Identificación da utilidade dos compoñentes para a arquitectura: - ¿Que fai cada un? - ¿Que actividade desenvolve? - ¿Con quen se comunica e para que? |
— | — | — | 2,75 | — |
| Montaxe dos compoñentes: - Soltura e correcto manexo |
— | — | — | 1,00 | — |
| Montaxe dos compoñentes: - Correcto funcionamento do equipo unha vez rematada a montaxe |
— | — | — | 0,50 | — |
Puntuación total máxima: 10 puntos