Actividades

Para a realización das seguintes actividades proporciónanse as seguintes imaxes (.OVA) para o software virtualizador Oracle Virtual Box:

Para ambos sistemas operativos, recoméndoche instalar a túa máquina virtual propia descargando a imaxe oficial dos repositorios dispoñibles. Mais, por se che é de utilidade para o traballo na unidade didáctica, xa chas deixo configuradas.

Así mesmo, é importante que realices as tarefas na orde na que se suxiren de maneira numérica. Cada actividade vai traballando cada un dos apartados dos materiais de teoría incrementalmente en dificultade e ordeados de maneira temporal.

Actividade 1

Tarefa pertencente ás diapositivas do apartado 4.2.

Administración de software en Linux

1. Importación da máquina virtual

  1. Abre o software de virtualización.
  2. Importa a plantilla a partir do arquivo .ova de Ubuntu Desktop proporcionado, ou un que ti instales.
  3. Comproba que a máquina arranca correctamente e accede ao sistema con normalidade.

2. Creación dun clon enlazado

  1. Apaga a máquina virtual orixinal.
  2. Crea un clon enlazado da máquina Ubuntu Desktop.

3. Realiza as seguintes accións

  1. Actualiza a caché de paquetes.
  2. Comproba qué paquetes existen que conteñan a cadea openssh-client.
  3. Instala o paquete ssh.
  4. Comproba a información do paquete que acabas de instalar con dpkg: Observa os datos proporcionados, como "Estado del paquete", "Versión instalada" e "Descripción".
  5. Instala o navegador Opera a través dun repositorio externo. Este, atópase nos repositorios oficiais de Debian/Ubuntu, polo que é necesario engadir o seu repositorio externo. Pista: engade a clave do respositorio de Opera, engade o respositorio de Opera ao sistema, actualiza a caché de paquetes e instala Opera.
  6. Comproba a instalación lanzando o software Opera e comprobando o seu funcionamento. Para qué sirve?

Actividade 2

Tarefa pertencente ás diapositivas do apartado 4.2.

Nesta práctica, realizarás tarefas de despregue e automatización de software utilizando a liña de comandos e xestores de paquetes sobre unha máquina virtual Windows 11.

1. Preparación da contorna

  1. Importa a plantilla a partir do ficheiro .ova de Windows 11 proporcionado.
  2. Crea un clon ligado desta máquina. Realiza todas as seguintes tarefas de administración nesta copia para preservar a plantilla orixinal.

2. Instalación desatendida con msiexec

O obxectivo é instalar software mediante paquetes MSI utilizando a ferramenta nativa de Windows.

  • Descarga do instalador: Obtén o instalador MSI de 64 bits do cliente SSH PuTTY dende a súa páxina oficial: chiark.greenend.org.uk/~sgtatham/putty.
  • Instalación por comandos: Abre unha liña de comandos (CMD) con permisos de administrador e instala PuTTY usando o comando msiexec.
    • Requisito: Axusta as opcións para que a instalación sexa desatendida pero que amosen a interface de usuario*(barra de progreso) para visualizar o avance.
  • Verificación: Localiza e arranca PuTTY dende o menú de inicio de Windows 11 para confirmar que a instalación se completou correctamente.

3. Instalación de aplicacións con Chocolatey

Chocolatey é un xestor de paquetes para Windows que facilita a automatización.

A. Instalación de Chocolatey

Sigue as instrucións oficiais en chocolatey.org/install para instalar o xestor no teu sistema mediante PowerShell (Administrador).

B. Creación do script de automatización

Crea un ficheiro chamado "InstalaChocoSoftware.ps1". O script debe conter unha liña de comando por cada aplicación para a súa instalación desatendida (usando o parámetro -y ou --yes). O software a incluír é:

  • Firefox
  • ChocolateyGUI (Interface gráfica para Chocolatey)
  • Notepad++
  • FoxIt Reader
  • VLC Media Player
  • LibreOffice
C. Execución e verificación
  1. Executa o script: Abre unha consola de PowerShell como administrador e lanza o script "InstalaChocoSoftware.ps1".
  2. Confirmación: Unha vez finalizado, verifica que todo o software está instalado localizando as aplicacións no sistema e arrancándoas individualmente.

Actividade 3

Tarefa pertencente ás diapositivas do apartado 4.3., previas á diapositiva 41

Uso da Administración de Discos en Windows 11

Nesta actividade, utilizaremos a ferramenta gráfica de Administración de Discos sobre unha máquina virtual con Windows 11 para xestionar diferentes esquemas de particionado.

1. Preparación da contorna

  • Utiliza o clon da máquina Windows 11 que creaches anteriormente. Se non o tes, crea un novo clon ligado (linked clone) a partir da plantilla orixinal de Windows 11.
    • Instantánea: Antes de comezar, realiza unha instantánea (snapshot) da máquina virtual co nome: "Antes de particionar".
  • Configuración de hardware: Engade un novo disco duro virtual de 100 GB á máquina. Este será o disco de traballo para a actividade; o disco que contén o sistema operativo debe quedar intacto.

2. Particionado con MBR (Master Boot Record)

Inicia a máquina virtual e accede á ferramenta "Administración de discos" (preme botón dereito no botón de Inicio e selecciona Administración de discos).

  1. Inicialización: Inicializa o novo disco seleccionando o estilo de partición MBR.
  2. Creación de volumes:
    • Crea 5 particións (volumes simples) de 10000 MB cada unha:
      • As 3 primeiras con formato NTFS.
      • As 2 seguintes con formato FAT32.
    • Crea unha sexta partición final co resto do espazo libre no disco en formato NTFS.
  3. Capturas de pantalla:
    • 01 Adm Discos - Particións MBR.jpg: Captura onde se vexa o disco particionado desde a ferramenta de administración.
    • 02 Adm Discos – Unidades MBR.jpg: Captura das unidades visibles desde o Explorador de Ficheiros.

Pregunta 1: A partir da 4ª partición, observarás que as novas particións se crean de xeito distinto (cambia a cor ou a denominación). Explica brevemente por que ocorre isto no sistema MBR.

3. Particionado con GPT (GUID Partition Table)

  1. Limpeza: Borra todas as particións creadas no paso anterior.
  2. Conversión: Cambia o estilo de particionado do disco de MBR a GPT (podes facelo premendo botón dereito sobre a etiqueta do disco —Disco 1, por exemplo— e seleccionando Converter en disco GPT).
  3. Creación de volumes:
    • Crea de novo 5 particións de 15000 MB cada unha:
      • As 3 primeiras en NTFS.
      • As 2 seguintes en FAT32.
    • Crea unha sexta partición adicional co espazo restante en formato FAT32.
  4. Capturas de pantalla:
    • 03 Adm Discos - Particións GPT.jpg: Captura do disco particionado na ferramenta de administración.
    • 04 Adm Discos – Unidades GPT.jpg: Captura das unidades visibles no Explorador de Ficheiros.

Pregunta 2: Verás que neste caso non ocorre o mesmo que no apartado anterior a partir da 4ª partición. Explica brevemente por que o comportamento de GPT é diferente ao de MBR neste aspecto. Proporciona a resposta nun ficheiro de texto ou nos comentarios da tarefa.

Actividade 4

Tarefa pertencente ás diapositivas do apartado 4.3., entre a diapositiva 41 e a 52

Administración de Discos con Diskpart en Windows 11

Nesta práctica utilizaremos a ferramenta de liña de comandos diskpart para xestionar o particionado de discos de forma manual e automatizada mediante scripts.

Tarefa 1: Uso de diskpart I

Traballaremos sobre a máquina virtual de Windows 11 creada en sesións anteriores.

1. Configuración previa

  • Engade dous discos adicionais de 100 GB á configuración da túa máquina virtual.
  • Arranca a máquina e abre o Terminal de Windows (Administrador) ou o Símbolo do sistema. Escribe diskpart para iniciar a utilidade.

2. Particionado MBR (Disco 1)

Selecciona o primeiro disco de 100 GB (usa list disk para identificar o número correcto). Realiza as seguintes accións:

  • Limpeza: Borra a táboa de particións co comando clean.
  • Modo: Asegúrate de que está en modo MBR co comando convert mbr.
  • Particións Primarias: Crea 3 particións primarias de 5 GB. Dalles formato NTFS e asigna a cada unha a primeira letra libre dispoñible.
  • Partición Estendida: Crea unha partición estendida co resto do espazo.
  • Lóxicas: Dentro da estendida, crea 2 particións lóxicas:
    • Unha de 20 GB con formato exFAT.
    • Outra co espazo restante con formato NTFS.
    • Asigna a cada unha a primeira letra libre.

3. Particionado GPT (Disco 2)

Selecciona o segundo disco de 100 GB e realiza as seguintes accións:

  • Modo: Asegúrate de que está en modo GPT co comando convert gpt.
  • Particións: Crea 4 particións primarias de 20 GB e unha máis co espazo restante.
  • Formato: As 3 primeiras en NTFS e as 2 últimas en FAT32. Asigna a cada unha a primeira letra libre.

Tarefa 2: Uso de diskpart II (Scripting)

Nesta parte automatizaremos o proceso para o terceiro disco de 100 GB.

1. Creación do script

Abre o Bloc de notas (notepad.exe) e escribe os comandos necesarios para:

  1. Seleccionar o terceiro disco de 100 GB.
  2. Limpar a táboa de particións (clean).
  3. Convertelo a modo GPT.
  4. Crear unha partición de 40 GB, formateala en NTFS e asignarlle a primeira letra libre.
  5. Crear unha partición co todo o espazo libre restante, formateala en exFAT e asignarlle a primeira letra libre.

Garda o ficheiro co nome 07 particiona_disco_100GB.txt directamente na raíz C:\

2. Execución desatendida

Agora executarás o script dende a consola de comandos de Windows 11:

  1. Abre o Símbolo do sistema como Administrador.
  2. Sitúate na raíz co comando: cd \
  3. Executa diskpart chamando ao script:
diskpart /s 07 particiona_disco_100GB.txt

Actividade 5

Tarefa pertencente ás diapositivas do apartado 4.3., entre a diapositiva 52 e a 72

Administración de Discos con fdisk e cfdisk en Ubuntu 24.04

Nesta tarefa realizaremos operacións de particionado utilizando as ferramentas fdisk e cfdisk. Utilizaremos unha máquina virtual con Ubuntu 24.04.

Antes de arrincar a máquina virtual engade tres discos adicionais de 100 GB.

1. Uso de fdisk (Particionado MBR)

Nesta sección traballaremos sobre o primeiro disco de 100 GB (normalmente identificado como /dev/sdb).

  1. Particionado: Inicia fdisk sobre o disco e realiza as seguintes accións:

    • Crea unha nova táboa de particións de tipo MBR (dos).
    • Crea 3 particións primarias:
      • 1ª: 5 GB, tipo Linux swap (ID 82).
      • 2ª: 10 GB, tipo Linux (ID 83).
      • 3ª: 20 GB, tipo HPFS/NTFS/exFAT (ID 7).
    • Crea unha partición estendida co resto do espazo.
    • Dentro da estendida, crea 2 particións lóxicas:
      • 1ª lóxica: 30 GB, tipo Linux (ID 83).
      • 2ª lóxica: O espazo restante, tipo W95 FAT32 (ID b).
  2. Formateo: Utiliza os comandos mkfs e mkswap para dar formato:

    • Partición 1: mkswap
    • Partición 2: mkfs.ext4
    • Partición 3: mkfs.ntfs
    • Partición 4: mkfs.ext4
    • Partición 5: mkfs.vfat

2. Uso de cfdisk (Particionado GPT)

Utilizaremos cfdisk para o segundo disco de 100 GB (normalmente /dev/sdc ).

  1. Particionado: Selecciona o modo GPT e aplica a seguinte distribución:

    • Unha partición de 5 GB, tipo Linux swap.
    • Unha partición de 10 GB, tipo Linux filesystem.
    • Unha partición de 20 GB, tipo Microsoft basic data.
    • Unha partición co espazo restante, tipo Microsoft basic data.
  2. Formateo:

    • Partición 1: mkswap
    • Partición 2: mkfs.ext4
    • Partición 3: mkfs.ntfs
    • Partición 4: mkfs.exfat

3. Scripting de particionado (fdisk/sfdisk)

Traballaremos sobre o terceiro disco de 100 GB ( /dev/sdd ) automatizando o proceso.

  1. Xerar Scripts:

    • Xera o script 03ParticionaMBR a partir da táboa do primeiro disco. Podes usar o comando sfdisk -d /dev/sdb > 03ParticionaMBR .
    • Xera o script 04ParticionaGPT a partir da táboa do segundo disco. Podes usar o comando sfdisk -d /dev/sdc > 04ParticionaGPT .
  2. Aplicar Scripts:

    • Utiliza o ficheiro 03ParticionaMBR para particionar o terceiro disco e verifica o resultado.
    • Limpa o disco e utiliza o ficheiro 04ParticionaGPT para volver particionar o terceiro disco en modo GPT.

Actividade 6

Tarefa pertencente ás diapositivas do apartado 4.3., dende a diapositiva 72 en diante

GParted e configuración de fstab

1. Preparación e particionado

  • Asegúrate de que tes instalado GParted e o soporte para particións FAT32 e exFAT instalando os seguintes paquetes:
sudo apt update
sudo apt install dosfstools mtools gparted
  • Utilizando GParted, selecciona o terceiro disco de 100 GB. Crea unha nova táboa de particións de tipo GPT e aplica a seguinte distribución:
    • Unha partición de 70 GB en formato ext4.
    • Unha partición co espazo restante en formato fat32.

2. Montaxe manual e probas

  • Monta manualmente ambas particións nas seguintes rutas (creando os directorios que sexan necesarios:

    • A partición ext4 en /mnt/part70gb
    • A partición fat32 en /mnt/part30gb

    Exemplo de comandos:

sudo mkdir -p /mnt/part70gb /mnt/part30gb
sudo mount /dev/sdX1 /mnt/part70gb
sudo mount /dev/sdX2 /mnt/part30gb
  • Proba a crear unha carpeta ou ficheiros en ambas particións.
  • Desmonta ambas particións e comproba que as rutas de montaxe agora están baleiras.
  • Volve a montalas nas mesmas rutas e comproba que podes ver as carpetas ou ficheiros que creaches antes.

3. Automatización con fstab

  • Fai unha instantánea (snapshot) da máquina virtual co nome: "Antes de modificar fstab".
  • Modifica o ficheiro /etc/etc/fstab para que a montaxe de ambas particións se faga de forma automática no arranque.

Nota: Recoméndase utilizar o UUID das particións (podes obtelo con lsblk -f ).

  • Reinicia a máquina e verifica a montaxe automática co comando: df -h

4. Montaxe da carpeta /home do sistema

Agora que xa vimos como configurar a montaxe automática de particións, imos utilizar a partición ext4 de 70GB para montar a carpeta do sistema /home, que é onde se almacenan os perfís de usuario.

Este paso pode facerse durante a instalación do sistema, pero tamén unha vez instalado seguindo estes pasos:

  1. Fai unha instantánea da máquina virtual co nome: "Antes de cambiar HOME".
  2. Borra o contido da partición de 70GB (asegúrate de que está montada) co comando: sudo rm -rf
  3. Copia o contido actual de /home na partición. O seguinte comando manterá todos os permisos, ACLs, usuarios e grupos propietarios orixinais. Pista: sudo cp -a /home/* /mnt/part70gb/
  4. Borra o contido da carpeta /home orixinal. Pista: sudo rm -rf /home/*
  5. Actualiza o ficheiro /etc/fstab: cambia o punto de montaxe da partición de 70GB de /mnt/part70gb a /home.
  6. Reinicia o sistema e verifica a montaxe co comando df -h.

Actividade 7

Cálculo de espazo útil: Diapositiva 24, do 4.4.

Actividade 8

Tarefa pertencente ás diapositivas do apartado 4.4., ata a diapositiva 40

RAID con administrador de discos e Diskpart

1. Operacións dende a Administración de Discos

Dende a túa máquina con Windows 11, comproba que dispós de polo menos tres discos de 100 GB (se falta algún, engádeo). Realiza as seguintes operacións de creación de volumes (asegúrate de marcar a opción de formato rápido):

  • Crear un volume distribuído: con 10 GB no primeiro disco e 10 GB no segundo.
  • Expandir o volume: engade 15 GB do terceiro disco ao volume distribuído anterior.
  • Crear un volume seccionado (RAID-0): con 20 GB en cada un dos tres discos.
  • Crear un volume reflectido (RAID-1): de 25 GB utilizando o primeiro e o segundo disco.
  • Expandir de novo o volume distribuído: engade outros 25 GB do terceiro disco.
  • Etiquetado: cambia o nome dos 3 volumes creados co teu nome e apelidos.

2. Operacións con Diskpart

Nesta fase, utilizaremos a ferramenta de liña de comandos diskpart para automatizar o proceso.

  • Limpeza: Borra os tres discos anteriores utilizando o comando clean dentro de diskpart.
  • Replicación: Crea de novo os volumes seccionado e reflectido mediante comandos de Diskpart (ten en conta que dende Diskpart non se poden crear volumes distribuídos).
  • Configuración: Debes darlles formato, etiqueta e asignarlles unha letra de unidade.
  • Automatización: Crea un ficheiro de texto cos comandos utilizados para xerar un script. O script debe incluír os comandos de borrado inicial dos discos.
  • Proba: Executa o script de creación de volumes co comando: diskpart /s CreaVolumenesRAID.txt

Actividade 9

Anidamento de RAIDs: Diapositiva 51, do 4.4.

Actividade 10

Creación de RAID en Linux: Diapositiva 68 e 69, do 4.4.