Actividade
Nesta UD, desenvolveredes de maneira individual unha tarefa de exploración de novas tendencias hardware. O nivel de profundidade mínimo é o descrito, mais non existe un nivel de profundidade máximo.
🧠 Tarefas a realizar
Para todos os retos:
- Investiga as características técnicas dos compoñentes implicados.
- Deseña unha proposta de ensamblaxe ou actualización acorde co contexto proposto.
- Xustifica as túas decisións técnicas, económicas e enerxéticas.
- Entrega un informe escrito (2–3 páxinas) e unha evidencia multimodal (vídeo ou audio breve, infografía ou foto real). En ningunha das evidencias (audio ou video con voz en off mentras presentas algún compoñente) é necesario que se vexa a túa cara, senón únicamente a túa voz
- Indica sempre fontes e prezos actuais (capturas ou referencias).
- Inclúe unha reflexión persoal sobre as vantaxes da tendencia aplicada.
Criterios de avaliación
- Orixinalidade e contextualización: 20 %
- Razonamento técnico e xustificación: 40 %
- Claridade e calidade da evidencia multimodal: 20 %
- Relación coa tendencia e aprendizaxe demostrado: 20 %
⚽ Retos
1. MiniPCs / NUCs / Barebones
Reto
Un coworking da túa cidade quere reducir espazo e consumo eléctrico. Deseña unha proposta de substitución das súas torres por miniPCs ou NUCs, comparando rendemento, mantemento e custo.
Evidencias (para a entrega)
- Informe técnico
- Táboa comparativa de 3 modelos reais
- Vídeo (2 min), non é necesario que se vexa a túa cara, senón a túa voz, xustificando a elección con capturas de prezos.
2. Montaxes modulares e sostibles
Reto
Analiza como poderías aplicar a filosofía modular (tipo Framework) no teu propio equipo ou nun dun familiar, detallando que pezas serían reutilizables.
Evidencias (para a entrega)
- Fotos do equipo real
- Esquema de compoñentes a substituír
- Audio explicativo
3. Almacenamento NVMe e PCIe 5.0
Reto
Un deseñador 3D queixase de lentitude ao abrir proxectos pesados. Deseña unha proposta de actualización de almacenamento usando NVMe/PCIe5, explicando vantaxes fronte a SATA.
Evidencias (para a entrega)
- Capturas de benchmarks ou fichas técnicas reais
- Mini presentación con voz (2-3 min)
4. Refrixeración líquida e térmica avanzada
Reto
Simula que un cliente gamer sofre sobrequecemento na súa torre. Deseña unha solución baseada en refrixeración líquida, xustificando materiais, custo e mantemento.
Evidencias (para a entrega)
- Boceto ou foto editada do interior da caixa coa túa proposta
- Breve vídeo explicando o fluxo térmico
5. Hardware orientado a IA (GPU, NPU, TPU)
Reto
O teu centro educativo quere montar un laboratorio de IA. Elabora unha proposta de equipo con NPU ou GPU especializada, comparando consumo e rendemento.
Evidencias (para a entrega)
- Infografía
- Narración de 2 min explicando a elección do hardware
6. Equipos fanless (sen ventiladores)
Reto
Deseña un equipo para unha biblioteca ou sala silenciosa, aplicando tecnoloxía fanless. Debes equilibrar temperatura, consumo e rendemento.
Evidencias (para a entrega)
- Croquis do ensamblaxe
- Xustificación técnica en audio ou vídeo
7. Integración de Raspberry Pi e SBCs
Reto
Un museo local encoméndache un sistema de información interactivo con baixo consumo. Propón unha solución baseada en SBC (Raspberry Pi ou outra) detallando ensamblaxe, carcasa e software base.
Evidencias (para a entrega)
- Esquema ou debuxo técnico do dispositivo
- Vídeo mostrando prototipo físico ou simulación
8. Edge computing
Reto
Imagina que traballas nunha empresa de IoT e necesitas procesar datos de sensores sen depender da nube. Deseña un equipo edge con compoñentes actuais.
Evidencias (para a entrega)
- Mapa de rede
- Gravación explicando por que a computación edge é clave
9. Compoñentes reciclados / Green IT
Reto
Avalía un equipo obsoleto da tua contorna e deseña unha actualización mínima viable (CPU, RAM, SSD) seguindo criterios de sustentabilidade e custo.
Evidencias (para a entrega):
- Fotos do equipo real
- Folla de cálculo con orzamento
- Mini vídeo xustificativo
10. Fontes de alimentación eficientes (80+ Gold/Platinum)
Reto
Unha ONG quere reducir a súa factura eléctrica. Deseña unha proposta de actualización dos seus PCs, centrada en fontes eficientes e consumo medido.
Evidencias (para a entrega)
- Capturas de fichas técnicas
- Táboa de consumo estimado
- Audio de 1 min explicando resultados
11. Memoria DDR5 e canles múltiples
Reto
Analiza o impacto de usar DDR5 nun equipo que renderiza vídeo 4K. Xustifica custo/rendemento fronte a DDR4.
Evidencias (para a entrega)
- Comparativa técnica (capturas reais)
- Vídeo curto explicativo coas túas conclusións
12. Caixas compactas con fluxo de aire optimizado
Reto
Deseña unha caixa personalizada para un despacho pequeno con alta densidade de PCs, priorizando refrixeración e estética.
Evidencias (para a entrega)
- Boceto propio
- Explicación oral sobre decisións térmicas
13. Montaxes en rack ou formato servidor doméstico
Reto
Simula que a túa casa ou empresa necesita centralizar copias de seguridade. Deseña un mini servidor rackable con hardware actual.
Evidencias (para a entrega)
- Esquema físico do rack
- Vídeo (pantalla + voz) xustificando compoñentes
14. Uso de impresoras 3D no ensamblaxe
Reto
Imagina que podes imprimir pezas personalizadas para o teu PC (soporte GPU, ventilador…). Deseña unha e xustifica a súa utilidade.
Evidencias (para a entrega)
- Deseño 3D (foto ou captura)
- Breve vídeo narrando o proceso ou o deseño
15. Conectividade de nova xeración (Wi-Fi 7, Thunderbolt 5)
Reto
Deseña un equipo preparado para conectividade avanzada (Wi-Fi 7 / TB 5), explicando que vantaxes aporta a usuarios móbiles ou profesionais de vídeo.
Evidencias (para a entrega)
- Infografía
- Gravación de voz explicativa
16. Montaxes híbridos: traballo + gaming
Reto
Un streamer necesita un equipo para traballar, editar e xogar. Deseña un ensamblaxe equilibrado entre produtividade e lecer.
Evidencias (para a entrega)
- Vídeo con narración
- Folla de cálculo de prezos reais
17. PCs ultracompactos para domótica ou vixilancia
Reto
Simula que un cliente quere centralizar cámaras e sensores na súa casa. Deseña o hardware ideal (mini-servidor ou SBC) aplicando tendencias actuais.
Evidencias (para a entrega)
- Diagrama de rede
- Voz explicando xustificación
18. Equipos optimizados para Realidade Virtual / Aumentada
Reto
Unha centro de FP quere usar RV. Deseña o PC axeitado: GPU, CPU, RAM, periféricos. Indica limitacións térmicas e enerxéticas.
Evidencias (para a entrega)
- Vídeo narrado coa túa presentación de compoñentes
19. Aceleración hardware para virtualización
Reto
A túa empresa necesita virtualizar varios contornos de proba. Deseña unha estación con soporte avanzado de virtualización, explicando vantaxes do hardware elixido.
Evidencias (para a entrega)
- Capturas de fichas técnicas reais
- Narración en audio xustificando opcións
20. Montaxes personalizadas / estética RGB
Reto
Un cliente quere un PC visualmente impactante para streaming. Deseña o ensamblaxe equilibrando estética e funcionalidade térmica.
Evidencias (para a entrega)
- Fotos ou boceto da túa proposta
- Breve vídeo explicando decisións de ensamblaxe e estética