Actividades

Actividade 1

Tarefa das diapositivas 33 e 34 do documento 5.1. Utilidades de clonación de disco.

Actividade 2

Tarefa diapositiva 13 do documento 5.3. Administración de equipos e imaxes con FOG.

Nota: non é necesario que sexa sobre un Ubuntu Mate. Podes facelo sobre a imaxe que queiras.

Recorda que cando creas unha rede con Virtual Box, estas a simular todas as comunicacións necesarias a nivel TCP/IP para comunicar equipos. Neste caso, os equipos son simplemente virtualizacións ou máquinas virtuais.

Actividade 3

Tarefa que debes realizar ao finalizar a lectura dos materiais do 5.3. Administración de equipos e imaxes con FOG.

Tarefa: Captura e despregamento de imaxes con FOG

  1. Crea un servidor FOG coma no documento 5.2., ao que poderás acceder á aplicación web de administración da URL /fog/management co usuario fog e a contrasinal password. Acórdate de crear a rede no Virtual Box.

  2. Importa as seguintes OVAs:

    • Cliente FOG – Imagen Base Puppy Linux.ova → Máquina base con una Puppy Linux que utilizaremos para capturar a imaxe
    • Cliente FOG – Plantilla.ova → Máquina sen nada sobre a que importaremos as imaxes almacenadas en FOG
  3. Observa que as tres máquinas están nunha mesma rede Interna co nome de Red FOG ou semellantes.

  4. No servidor de FOG, crea unha imaxe co nome PuppyLinux-img-
  5. Ca máquina Puppy Linux:
    • Rexistraa en FOG co nome PuppyImaxeBase e vincúlaa á imaxe PuppyLinux-img.
    • Captura o disco desta máquina.
  6. Fai dous clons completo da máquina Cliente FOG, cos nomes ClienteFOG01- e ClienteFOG02-. E, sobre estos:
    • Rexístraos no inventario de FOG co mesmo nome.
    • Desprega nesto a imaxe de Puppy capturada antes