Montaxe e Mantemento de Equipamentos (MP0221)

Nestos materiais atoparedes os contidos para traballar e acadar os resultados marcados no módulo de Montaxe e Mantemento de Equipamentos, que se imparte na modalidade de distancia no IES San Clemente de Santiago de Compostela. Calquera dúbida ca que vos poidades atopar, contactádeme a través da aula virtual para poder poñela en común.

Estrutura do curso

Empregaremos 7 unidades didácticas para desenvolver os contidos do módulo de Montaxe e Mantemento de Equipamentos.

1º Trimestre

  • Unidade Didáctica 1: Elementos básicos dun sistema informático
  • Unidade Didáctica 2: Conceptos básicos de electricidade e electrónica
  • Unidade Didáctica 3: Compoñentes hardware dun sistema informático

O periodo de exames do primeiro trimestre será entre o 9 e o 16 de decembro de 2025, ambos incluidos.

2º Trimestre

  • Unidade Didáctica 4: Instalación e administración de software
  • Unidade Didáctica 5: Automatización da instalación mediante o uso de imaxes de disco

O periodo de exames do segundo trimestre será entre o 1 e o 18 de marzo de 2026, ambos incluidos.

3º Trimestre

  • Unidade Didáctica 6: Outras tendencias hardware
  • Unidade Didáctica 7: Normativa de prevención de riscos laborais e protección medioambiental

O periodo de exames do terceiro trimestre será entre o 20 e o 27 de maio de 2026, ambos incluidos.

Estrutura dos materiais

A estrutura deste material presentarase organizada por unidades didácticas (en adiante, UDs), que engloban aqueles contidos que imos traballando dende as aulas. Por cada UD atoparedes:

  • Apuntamentos: material de lectura e estudo para adquirir as competencias do módulo.

  • Práctica: actividades prácticas, propostas ou laboratorios que nos permiten asentar os conceptos vistos de maneira teórica.

Actualizacións

Pode ser que as seccións se actualicen se se considera incorporar algún material a maiores a través das necesidades detectadas nas sesións ou de reforzo. Por todo isto, é importante que non tomes este soporte coma un manual estático. Eu mesmo anunciarei os cambios a través da aula virtual e/ou nas sesións. Por tanto, revisa de vez en cando se tes unha versión offline destos materiais, para estar ó tanto das actualización que imos facendo durante o desenvolvemento desta parte da preparación.

Dereitos de uso

Estes apuntes foron elaborados polo profesor José Fernández Gómez, docente de Sistemas e Aplicacións Informáticas, e están destinados unicamente ao seu uso académico.

Esta obra está baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0 Internacional (CC BY-NC 4.0). Isto significa que podes compartir e adaptar o material sempre que:

  • Se recoñeza adecuadamente a autoría.
  • Non o utilices con fins comerciais.

Para máis información, visita: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/

Así mesmo, para consultas ou solicitudes de uso, contacta a través de: jfgomez@edu.xunta.gal